Marlos Moreno, en su primer entrenamiento. //Fuente: RCDeportivo


A Sociedad Deportiva Compostela recibe esta tarde en San Lázaro ao Deportivo para disputar o amistoso Memorial Antonio Bermúdez. Un encontro que pode servir para que o colombiano Marlos Moreno, recentemente incorporado aos adestramentos colectivos do club herculino en Abegondo, xogue os seus primeiros minutos co escudo do Dépor. O partido, a modo de pretemporada, serve tamén de rodaxe para os xogadores con menos participación.


E no capítulo do mercado de fichaxes, o diario Telegraph apunta o interese do Everton por Lucas Pérez. O dianteiro coruñés e o central Sidnei son os dous xogadores con pretendentes neste último tramo do mercado. Na praza de Pontevedra vai ser unha semana e pico longa intentando manter pechada a lista de baixas, toda vez que non se agardan novas incorporacións.

POWERED BY BIGPRESS