Permanece activo esta mañá un incendio forestal no concello coruñés de Ribeira que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas. O lume iniciouse ás 00:30 horas na parroquia de Carreira e están traballando na súa extinción 1 técnico, 9 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas, 4 pás e un avión.


Por outra parte, quedou controlado ás 09:17 horas o incendio rexistrado ás 21:42 da noite no concello de Rianxo. O lume afectou a parroquia de Leiro, e malia que non se produciu ningún desaloxo, non se descartou porque o incendio se produciu nunha zona próxima a varias vivendas.


Polo momento, afectou a unha superficie aproximada dunhas 30 hectáreas. Levan traballado na súa extinción 1 técnico, 7 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.


As altas temperaturas e o vento están facendo que o lume se propague moi rápido.

POWERED BY BIGPRESS