A xustiza de Noruega acepta a demanda dos mariñeiros galegos
viernes, 8 de julio de 2016, 17:56
Os tribunais de xustiza de Noruega veñen de aceptar a demanda dos mariñeiros galegos xubilados, agrupados na asociación Long Hope, que reclaman que o Estado noruegués lles recoñeza os anos traballados. Así o recolle un comunicado de Alternativa Galega de Esquerda, que esixe agora ao Goberno español "que negocie directamente con Noruega para evitar dilacións de anos no proceso".
O deputado Juan Fajardo celebra "a primeira vitoria nunha longa guerra" dos mariñeiros xubilados "malia os atrancos do Executivo noruegués e a falta de apoio da Xunta". Segundo Fajardo, a apertura xudicial no país do norte demostra que "había argumentos abondos" e abre a porta a presentar demanda no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.