O Celta está a piques de pechar a fichaxe dun centrocampista. Segundo a Radio Galega, o escollido é o serbio Adem Ljajic, de 25 anos e 1,81 de altura, procedente da Roma.
Criado na canteira do Partizan, foi traspasado á Fiorentina, onde disputou máis de 100 partidos na serie A da liga italiana ao longo das 4 tempadas que estivo en Florencia. Depois foi traspasado á Roma por 11 millóns e a comezos da campaña pasada marchou cedido ao Inter de Milan.
O xogador, que pode xogar de mediapunta ou tamén de extremo esquerdo a pé cambiado, remata contrato a final da próxima temporada, polo que o cadro romano accede a vendelo.
O futbolista está en Vigo para pasar as probas médicas antes de asinar e se presentar como novo xogador do Celta, que onte anunciaba a chegada do lateral santiagues Álvaro Lemos despois de chegar a un acordo co CD Lugo.