Uns 200 escolares de Santiago de Compostela están celebrando o Día do Medio Ambiente no Bosque de Galicia da Cidade da Cultura construindo caixas niño para paxaros e refuxios para morcegos e réptiles.



Trátase dunha actividade organizada no Bosque de Galicia da Cidade da Cultura en colaboración con ViAQUA, que pretende educar aos máis pequenos na importancia de conservar a biodiversidade, ademais de facelos partícipes no proceso de naturalización do Gaiás.



Trala construción dos niños e caixas refuxio, os escolares repartíronos polo monte. Cada elemento foi xeolocalizado mediante GPS para que os rapaces saiban exactamente onde os situaron e poidan volver periodicamente a comprobar o seu importante labor na protección do medio.



Os nenos distribúense en catro quendas entre o luns e o martes. Á primeira xornada matinal asistiron o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño e o Director de Viaqua, Julio Masid Bande, 


POWERED BY BIGPRESS