A CIG uniuse ao sindicato vasco ELA para facer fronte ao que entenden como un proceso de "estatalización da negociación colectiva" que "empobrece as condicións de traballo e vulnera a liberdade sindical".
Despois do encontro que tivo lugar esta semana entre os líderes de ambos sindicatos, Suso Seixo e Adolfo Muñoz 'Txiki', denuncian que as "duras" reformas laborais aprobadas nos últimos anos polo PSOE e PP buscan "favorecer o aumento de beneficios empresariais e debilitar o papel do movemento sindical".
Acusan á CEOE, CC.OO. e UXT de "cumprir o obxectivo" do Banco de España para "dar prioridade aos convenios estatais" co fin de "devaluar os salarios".
Con ese nivel estatal, CIG e ELA alertan de que se "impide negociar" en ámbitos autonómicos, o que produce unha maior precarización do traballador e vai en beneficio do "interese" da patronal.
Ademais, acusan á CEOE, CC.OO. e UXT de ser "organizacións españolas belixerantes contra a existencia doutras realidades sindicais en nacións sen Estado".
De tal forma, ambos os sindicatos acordaron presentar resolucións nos parlamentos galego e vasco en defensa do dereito á negociación colectiva e en favor da lexislación laboral incluída no autogoberno de ambas as comunidades.