Galicia sumou 5.100 parados durante o primeiro trimestre de 2016, o que supón un 2'31% máis con respecto ao trimestre anterior e sitúa o total de desempregados nos 227.900. 


O aumento galego supera considerablemente a media estatal, no que o paro aumentou nun 0'25% según sinala este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).



Mentres, o número de ocupados descendeu en 11.400 na comunidade galega, ata 1.021.100, o que representa unha caída do 1,1% en comparación co último trimestre de 2015.



O aumento da cifra de parados en todo o estado rompe a tendencia dos dous anos anteriores, cando se conseguiu reducir o desemprego nos tres primeiros meses (-2.300 parados no primeiro trimestre de 2014 e -13.100 en 2015).

POWERED BY BIGPRESS