Chega o turno de Feijóo de responder sobre a hepatite C
miércoles, 27 de abril de 2016, 09:00
Trala comparecencia do conselleiro de Sanidade, chega o turno de Alberto Núñez Feijóo para responder polos supostos retrasos en tratamentos de hepatite C polo que están investigados dous altos cargos do Sergas.
Feijóo deberá responder sobre este tema forzado polas preguntas da oposición, despois de que fora rexeitada unha comparecencia xa que o partido popular entendeu no seu momento como suficientes as explicacións dadas por Jesús Vázquez Almuíña.
En todo caso, o presidente da Xunta acude ao Hórreo cun recado da plataforma de afectados. O seu presidente, Quique Costas, pediulle unha disculpa polas súas declaracións en Madrid, cando afirmou que non lle parecía "lóxico" vincular os supostos retrasos cos recortes "por dúas ou tres mortes".