Este luns comezou o xuízo polo asasinato do octoxenario Secundino Prego na súa casa de Chancelas (Poio). As súas coidadoras Rocío Gondar e Albertina Táboas enfróntanse a penas de 20 anos de cárcere, pero polo de agora ofreceron versións contradictorias.
Por unha banda, Rocío Gondar confesou ser a autora material do asesinato, pero asegurou que o fixo ameazada pola outra acusada, ante a que sentía un "medo insuperable" que a impulsou a cometer o crime. Asegura que obedecía as súas ordes "coma un robot" e que se sinte "arrepentida".
A versión da súa compañeira, Albertina Táboas, é completamente diferente. Asegura que non tivo nada que ver coa morte do octoxenaria, que non participou na planificación e que estaba durmindo no momento no que se produciu.
Esta versión non só contrasta co da súa compañeira, senón tamén coa da fiscalía, que recorda que Albertina "convenceu a Secundino para que cambiase o seu testamento e a nomease herdeira universal dos seus bens", algo que conseguiu pouco antes do crime.
No seu escrito de acusación, o fiscal pide que se impoña a cada unha das acusadas a pena de 20 anos de cárcere por un delito de asasinato. Ademais, solicita que indemnicen aos fillos da vítima con 50.000 euros.