En política as cousas cambian rápidamente, sobre todo cando hai actuacións xudiciais de por medio. Aínda non pasou unha semana dende que Pedro Sánchez apoiara a José Ramón Gómez Besteiro como a persoa axeitada para liderar o "cambio" en Galicia. 


Pero trala súa imputación por seis novos delitos na 'Operación Pulpo' a cousa cambia, Pedro Sánchez acaba de recoñecer que a situación de Besteiro "preocupa" no seno do PSOE.


Nunha entrevista concedida a Aragón Televisión, o líder do PSOE recalcou que Besteiro xa renunciou á súa candidatura para a Xunta de Galicia, pero tamén asegurou que o seu chamamento xudicial "fai dano" ao partido. 


En todo caso, Sánchez asegurou que os socialistas ten moi claro o seu Código Ético, apuntando que as responsabilidades se deben asumir no caso de que abra xuízo oral. Nese caso, Besteiro veríase abocado a abandonar tamén o seu posto como secretario xeral dos socialistas. 




POWERED BY BIGPRESS