O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "respeta" a decisión de dimitir de Esperanza Aguirre, que considera "correcta e necesaria" ante a situación que afectaba a algúns dos dirixentes do PP de Madrid, salpicados por supostos casos de corrupción. 


Trala dimisión de Aguirre, o PP de Madrid queda en mans dunha xestora dirixida pola presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, ata o vindeiro Congreso Rexional do Partido, no que previsiblemente se presentará para facer oficial o seu liderazgo. 


Sobre Cifuentes tamén se pronunciou o presidente galego, destacando que é unha militante e dirixente do PP que aporta "seguridade e estabilidade" ao partido en Madrid. Considera necesario  "convocar a un novo PP madrileño, a unha nova 

xeración de políticos en Madrid para afrontar o futuro do partido". 


POWERED BY BIGPRESS