O mercante 'Modern Express' sigue sendo remolcado polo buque español 'Centaurus'. En torno ás once e media deste martes xa se atopaba a 30 millas da costa de Bilbao, polo que se espera que chegue a porto esta mesma tarde.
Segundo indicaron dende o Ministerio de Fomento, en función da hora á que chege e das condicións metereolóxicas decidirase cal é o momento máis axeitado para atracar a embarcación.
As autoridades españolas aceptaron a demanda do armador de acoller ao navío no porto bilbaíno, despois de que o mercante quedase o pasado martes escorado ao norte de Cabo Ortegal, o que obrigou a rescatar a 22 tripulantes.
Na actualidade, está constituído un comité técnico asesor que está a facer seguimento de todo o que ocorre co navío e que está conformado por membros de Salvamento Marítimo, Mariña Mercante, prácticos e remolcadores.
RESCATADO NO ÚLTIMO INTENTO
O 'Modern Express'chegará a Bilbao despois de que triunfase o último intento de rescate, como recordaban onte as asutoridades francesas só restaba unha oportunidade, polo que "non había que deixala pasar".
A outra opción era que o 'Modern Express' acabara encallando na costa de Aquitania, un suposto que faría necesaria a activación de plans antipolución por mor de posibles brechas nos depósitos de carburante.