A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo ultima o calendario dun "duro boicot" contra o grupo Lactalis, propietario de marcas como Président ou Gran Capitán, que en principio dará comezo este mesmo mércores nos puntos de venda. 


A primeira opción dos gandeiros será buscar a complicidade das distribuidoras, intentando que sexan os propios supermercados os que retiren os productos de Lactalis das súas tendas. 


Pero por suposto tamén contan con desprazarse persoalmente ata os supermercados para facer unha labor de "concienciación entre os consumidores".


Toda esta operación pretende presionar ao grupo para que traslade inmediatamente a suba de 2 céntimos por litro acordada coas distribuidores. Según Unións Agrarias, os voceiros de Lactalis recoñeceron que "teñen o diñeiro" para facer efectiva a subida. 


Por iso consideran "inaceptable" a postura da empresa, recordando que Leite aceptou subir o prezo  e aínda están pendentes conversacións con "Reny Picot e Peñasanta" para determinar como teñen pensado aplicar a subida.


BLOQUEO DA FÁBRICA


Esta campaña de boicot súmase ao bloqueo que 600 gandeiros mantiveron o pasado venres fronte  á planta de Lactalis en Vilalba (Lugo), onde acenderon unhas fogatas coa queima de pneumáticos e pacas de pallas, en sinal de protesta.


Óscar Pouse, de Unións Agrarias e un dos portavoces da plataforma en defensa do sector lácteo explicou que esta protesta se realizou para "deixar claro" a Lactaclis que as súas reivindicacións "van en serio" e que non pararán ata que haxa unha subida "inmediata" no que esta industria transformadora paga aos produtores.


"Lactalis ten diñeiro nas súas contas que é noso", recriminou Óscar Pouse, quen asegura que os gandeiros puideron comprobar coa distribución que xa reintegraron a esta multinacional unha subida polo prezo do leite, que con todo non chegou a gandeiros aos que compra o leite.

POWERED BY BIGPRESS