Estrella Galicia sacará á venda esta semana unha edición limitada de botellas homenaxe ao Obradoiro, que acompañará ao equipo anfitrión durante a vindeira Copa do Rei de Baloncesto que se celebrará en A Coruña en febreiro. 


Como non podía ser doutro xeito, na etiqueta e no collarín da botella aplícanse motivos que fan referencia ao baloncesto, engandido ademais a inscripción 'Obradoiro & Estrella Galicia'. 


Na etiqueta tamén se inclué o logotipo do clube e as datas da vindeira Copa do Rei (18-21 de febreiro), ademais do hashtag #Copadoiro. 


Para este edición limitada de cerveza, envasáronse 2,5 millóns de botellas de 33 centilitros, que estarán dispoñibles no canal de hostelería de Santiago e A Coruña.


Nun comunicado, o director xeral do Río Natura Monbus Obradoiro, José Luis Mateo, amosouse "moi satisfeito por todas as iniciativas que saen da relación Estrella Galicia-Club". 


POWERED BY BIGPRESS