Estrella Galicia anima ao Obradoiro coa súa nova botella
Estrella Galicia sacará á venda esta semana unha edición limitada de botellas homenaxe ao Obradoiro, que acompañará ao equipo anfitrión durante a vindeira Copa do Rei de Baloncesto que se celebrará en A Coruña en febreiro.

Como non podía ser doutro xeito, na etiqueta e no collarín da botella aplícanse motivos que fan referencia ao baloncesto, engandido ademais a inscripción 'Obradoiro & Estrella Galicia'.
Na etiqueta tamén se inclué o logotipo do clube e as datas da vindeira Copa do Rei (18-21 de febreiro), ademais do hashtag #Copadoiro.
Para este edición limitada de cerveza, envasáronse 2,5 millóns de botellas de 33 centilitros, que estarán dispoñibles no canal de hostelería de Santiago e A Coruña.
Nun comunicado, o director xeral do Río Natura Monbus Obradoiro, José Luis Mateo, amosouse "moi satisfeito por todas as iniciativas que saen da relación Estrella Galicia-Club".
Escribe tu comentario