Acaba de ganar Donald Trump e moitos colegas do xornalismo, mesmo paisanos seus, leváronse as mans á cabeza. Inmediatamente o máis florido da ultradereita europea apresurouse a felicitalo, coma se o éxito fose seu e o novo César saíse do seu propio círculo demoníaco para impoñer en occidente unha orde baseada na intolerancia, o machismo, a xenofobia e ata a homofobia máis estrita.