Diana puido ser vista despois do seu último whatsApp
O concello da Pobra convocou ás oito e media desta tarde de mércores a todos aqueles interesados en participar nas labores de rastrexo da moza durante o xoves e o venres.
A búsqueda de Diana María Quer intensifícase despois de 11 días sen saber do seu paradeiro. Efectivos da Garda Civil rastrexan montes próximos á Curota e unha lancha busca por mar ante a posibilidade de que a moza puidese ter caído á auga accidentalmente ou empurrada por alguén. O Concello convoca agora a todos aqueles que poidan colaborar nas labouras de búsqueda para atopar a Diana.
A familia saúda a incorporación de voluntarios sempre que “os esforzos se fagan de modo coordinado a través da Garda Civil”, puntualiza o pai da moza. A intención é realizar batidas o xoves e o venres por toda a contorna.
NOVOS DATOS
Vanse coñecendo novos datos que axudan a reconstruir o paradeiro da moza antes de perdérselle a pista. Hai indicios que fan crer aos investigadores que foi á casa na que veraneaba antes de desaparecer. A familia xa informara a este respecto de que Diana non levaba DNI nin tarxetas, que foron atopadas neste mesmo domicilio.
Tamén explicaron que a rapaza mantivera en días anteriores unha forte discusión coa súa nai que levou a esta e mais a irmá de Diana a sufrir unha crise de ansiedade, segundo testemuños de vecinos que as viron no ambulatorio.
Distintos medios afirman agora que a moza puido ter voltado ao centro da vila vestida cunha roupa diferente, posiblemente un mono negro, aínda que estas información non foron confirmadas pola garda civil nin pola familia.
O móvil de Diana é unha das chaves da investigación pois agora hai constancia de que a moza empregou o terminal media hora máis tarde do whatsApp que lle enviara ao seu amigo alertando de que un home a estaba chamando.
A este respecto efectivos da Garda Civil interrogan nas últimas horas fontes próximas á moza para recabar información que sexan de valor para a investigación.
Asimesmo a familia de Diana rexeita a idea do suicidio e a do secuestro a cambio de diñeiro, e insisten en que se trata dunha retención ilegal.
INVESTIGACIÓN
As incógnitas do caso seguen abertas, non se sabe con seguridade se a chamada a algún achegado en Madrid despois do famoso whatsapp se produciu, e tampouco se sabe con seguridade que pasase pola casa para cambiarse e volvese ao centro da vila. Segundo o pai da moza, teñen “testemuños de valor” que están guiando as investigacións.
En calquera caso cobran forza dúas liñas de investigación que serían ou ben a marcha voluntaria ou a acción violenta, mentres que o secuestro por cartos é unha hipótese que se vai enfriando e a familia descarta o suicidio.
Escribe tu comentario