#Claves de la semana

Atopan o DNI de Diana na casa na que veraneaba a familia Quer

Cúmprese unha semana da desaparición sen que haxa pistas coñecidas sobre o su paradoiro. Non levaba con ela o DNI, que se atopou na vivenda da Pobra, e a Garda Civil non descarta que volvese á casa a noite de desaparición.


|

Dianaqueryfamilia


Á primeira hora da mañá, e como cada xornada desde fai sete días, efectivos de emerxencias retomaron este luns os labores de rastrexo para dar con algún indicio do paradoiro da moza madrileña Diana Quer, cuxo rastro se perdeu na Pobra do Caramiñal hai xusto unha semana.


Segundo confirmaron a Europa Press fontes do dispositivo, un día máis volven facerse batidas pola contorna do domicilio da rapaza e da poboación na que foi vista por última vez, co obxectivo de atopar algún indicio do seu paradoiro, xa que, polo momento, non foi localizado ningún rastro. Búscase tamén por camiños e pistas forestais.


Nestes labores, coordinadas pola Garda Civil, participan efectivos de Protección Civil da Pobra, Porto do Son, Boiro e Ribeira, así como do GES de Muros. Non se descarta que poidan intervir tamén medios aéreos.


De feito, durante este domingo participou tamén nos labores de procura un helicóptero, que rastrexou desde o aire a zona do Barbanza.


SEN RASTRO


As distintas xornadas de procura por terra e aire, nas que tamén se empregaron cans de rastrexo, non permitiron, polo momento, localizar algún indicio sobre o paradoiro da nova.


Así, non se atopou o seu teléfono móbil, que permanece apagado desde a súa desaparición, ningunha peza de roupa ou sinais de forza ou loita no camiño que Diana Quer debía seguir para regresar ao seu domicilio desde as festas da Pobra.


Tal e como informou o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, a Garda Civil tomou declaración a tres sospeitosos de acosar a rapaza a noite que desapareceu, pero descartaron a súa implicación.


A familia da desaparecida confirmou que na vivenda de veraneo localizaron o DNI da rapaza, que, no momento da súa desaparición, non portaba tarxetas de crédito. Estes datos fan que a súa contorna se decante pola opción de que Diana Quer está retida en contra da súa vontade e que non se foi voluntariamente.


Porén, para a investigación este achado puido deberse a que a moza pasou pola casa antes de desaparecer, pois parece ser que tamén se atopou unha peza da roupa que levaba posta cando marchou á festa.


A Garda Civil, pola súa banda, mantén abertas todas as hipóteses, que van desde unha posible marcha voluntaria, que sufrise algún contratempo ou que fose vítima dalgún acto violento. Tamén está ampliado o radio de traballo a todo o territorio nacional.


Ademais dos rastreos, os axentes investigan as gravacións das cámaras de seguridade da zona na que desapareceu Diana Quer e os testemuños que achegaron algunhas persoas da zona.


OUTROS CASOS


Tampouco se sabe nada de Raquel Péreza anciá de 82 anos que ten alzheimer e que marchou o xoves da residencia de maiores na Pobra de Trives. Incorporaron á busca cans de rastrexo.


En Baiona seguen sen novidades sobre o mozo de 30 anos que marchou da casa dos pais. Buscan por todas as parroquias do concello calquera pista que poida dar co seu paradoiro. Ao parecer, deixou unha nota, pero non levou diñeiro nin o teléfono e borrou os datos do seu ordenador.


E, desde onte, buscan na Guarda un home de 62 anos natural de Vigo que foi pescar cun amigo. O compañeiro botou unha sesta e, cando espertou, non o atopou e deu a voz de alarma. O helicóptero Pesca 1 comezou deseguida a rastrexar a costa cun foco. Por terra traballan tamén numerosos efectivos, entre eles os servizos de Protección Civil e da Garda Civil da zona.



relacionada ​Villanueva pide non criminilizar a ningún colectivo na desaparición de Diana Quer
relacionada El último whatsApp de la joven desaparecida: "Morena, ven aquí"
relacionada ​Tres desaparecidos desde o luns en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE