#Claves de la semana

​O Sergas pechará máis de 900 camas este verán

Aseguran que non se pode aproveitar para adiantar operacións debido á falta de anestesistas


|


O Servizo Galego de Saúde acaba de publicar as súas previsións de peches de camas para este verán, como lle tiñan reclamado dende os sindicatos. Contan con pechar máis de 900 camas, aínda que prefiren falar en positivo, destacando que permanecerán activas o 87% das 7.200 camas dispoñibles.


Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria destacou que os peches non significan que as camas non estean dispoñibles para ingresos no caso de ser necesario. "Gustaríame insistir en que van estar sempre dispoñibles se se require o seu uso. As camas están aí", abundou.


No verán de 2015, segundo a nota de prensa que difundiu no seu momento a Xunta, a previsión de uso foi do 86 por cento das 7.315 camas dispoñibles para o verán e, finalmente, empregouse o 74,9 por cento desa estimación de uso que se fixo. É dicir, o 75 por cento das 6.290 que se determinou deixar abertas.


VACACIÓNS E FALTA DE ANESTESISTAS


Nas explicacións dadas, o director xeral de Asistencia Sanitaria incidiu en que o ingreso dos pacientes "está garantido", así como as intervencións cirúrxicas urxentes, pero lembrou que nesta época do ano se conceden as vacacións aos facultativos, tamén aos anestesistas.


Á súa vez, quixo "desmitificar o peche de camas". "As camas non se pechan, en realidade é a previsión de camas que se van a usar", argumentou, respecto do que esgrimiu que se axusta á planificación e á demanda que hai.


Preguntado por se non se poden adiantar intervencións na época estival aproveitando esa baixa demanda, sostivo que a capacidade cirúrxica "diminúe" no verán porque os anestesistas teñen vacacións e é unha especialidade que "non ten paro" en Galicia, co que tampouco se pode recorrer a "contratar a anestesistas con título dubidoso".


"Se houbese anestesistas formados por nós no paro si, pero non os hai", argumentou o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.

relacionada ​Esixen a publicación de todos os peches de camas previstos para este verán
relacionada ​Convocan unha concentración ante o peche de camas no Meixoeiro
relacionada ​O Cunqueiro contáxiase do peche de camas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE