#Claves de la semana

​Esixen a publicación de todos os peches de camas previstos para este verán

A CIG calcula que se pecharán arredor de 1.200 camas, unha cifra semellante á de 2015


|





A CIG acaba de reclamarlle á consellería de Sanidade que publique as previsións do total de camas que se pecharán este verán no sistema galego de saúde. A falta de cifras totale, segundo os datos que van recibido das distintas áreas sanitarias "despois de demandar insistentemente información oficial", calculan que os peches afectarán a un total dunhas 1.200 camas, unha cifra semellante á de 2015.


A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, considera moi grave para a sanidade pública galega esta decisión “máxime cando dos propios datos que dan a final de ano tírase que, tras este peche de camas, unidades, servizos de probas diagnósticas, consultas e demais, as listas de agarda se incrementan no último trimestre do ano”. Tamén denuncian que o peche de camas provoca "un incremento do desemprego sanitario", xa que “o persoal fixo só dispón dun mes de vacacións e o resto do tempo dedícase a facer a cobertura do resto de compañeiros/as durante as súas vacacións”.


Ademais, subliñan que o peche de camas contrasta co anuncio feito polo presidente da Xunta dunha inversión de cinco millóns de euros para reducir as listaxes de espera. Abuín advirte que o peche de camas e servizos na sanidade pública “favorece" que estes fondos se canalicen a través de "centros concertados, xa que o peche patronal da sanidade pública decretado polo PP impide manter actividade diaria normal e menos incrementala”.


Por último, consideran especialmente grave o caso de Vigo, unha das áreas máis afectadas xa que "con todos os problemas que está a padecer" está previsto que " ademais de camas pechará tamén unidades de quirófanos”. Precisamente, para este mércores hai convocada unha concentración na entrada do Hospital Meixoeiro protestando contra o peche de camas nesta área sanitaria. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE