#Claves de la semana

A Consellaría do Mar prepárase con argumentos para as consecuencias do 'Brexit'

Realizan un estudo para cando cheguen as negociacións, "estar preparados e ter argumentos que garantan os maiores beneficios para a frota". 


|

Furtivismoaparellospescamarisqueo


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reivindicou o estudo no que avanza a Xunta sobre as consecuencias do 'brexit' para o sector pesqueiro galego ao avogar por estar preparados "con argumentos técnicos e científicos" para que este non sexa utilizado "como moeda de cambio" se finalmente se produce a saída de Reino Unido.


Segundo expuxo a titular do departamento ante unha pregunta do deputado popular Carlos Enrique López no pleno do Parlamento, polo momento "non é posible coñecer as consecuencias posto que aínda non se iniciaron as negociacións sobre como" se producirá o 'brexit', de levarse a cabo.


Con todo, o estudo iniciado "serviu para marcar o taboleiro de xogo" e coñecer os "factores" para cando haxa que formar parte de comités de traballo que negocien a saída. O obxectivo, segundo subliñou, é que España e Galicia "estean preparadas e teñan argumentos e consigan os maiores beneficios para a frota".


Así, indicou que "ese estudo está a ser moi valorado por todo o sector, que xa o ten á súa disposición a través do Consello Galego de Pesca", e o Goberno autonómico fíxoo chegar ao Executivo central.


Ademais, Quintana mostrouse partidaria de solicitar información de diferentes centros de investigación e institucións, coa finalidade de "profundar" no informe, algo no que xa traballa a consellería.


EXTRACCIÓN DE PERCEBE EN BAIONA


Por outra banda, na sesión plenaria, o deputado do PSdeG Xullo Torrado preguntou á conselleira do Mar sobre a existencia de "certa inseguridade" na extracción do percebe "á boia e a pé" na confraría de Baiona (Pontevedra) provocada por "impedimentos para traballar" nalgúns casos "sen que exista base legal para iso".


Respecto diso, Rosa Quintana asegurou que o seu departamento "non valora ese suposto impedimento" porque "non se impide faenar a ninguén que o faga cumprindo unha normativa que está ben clara".


"Creo que a inquietude sobre a interpretación da norma debería quedar resolta lendo a propia norma que sinala que cando nun mesmo plan de xestión se inclúan zonas de traballo a pé e desde embarcación que non están separadas para ambos os colectivos, as persoas tripulantes só poderán acceder ao recurso por terra cando o mal tempo dificulte o uso da embarcación", sinalou.


Ademais, deixou claro que, neste suposto, "todas as persoas tripulantes dunha embarcación accederán da mesma forma ao recurso" e "cumprindo unha serie de requisitos que foron baremados co sector".


"Vostedes son os que dalgún modo están a alentar a retorcer unha norma para establecer diferenzas nunha sociedade na que non se poden establecer", sinalou a conselleira, que destacou que a súa única norma é "a igualdade de oportunidades".

relacionada ​España no está "en el radar" de las empresas que abandonen Reino Unido por el Brexit
relacionada Catorce empresas galegas lideran a primeira misión comercial a Reino Unido tras o brexit
relacionada ​Rouban dunha batea os berberechos que criaban para proxecto de investigación
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE