#Claves de la semana

​A Central do 061 reforza o seu persoal ante o incremento de demanda no Nadal

O número de chamadas aumenta no Nadal como consecuencia do incremento das patoloxías relacionadas co inverno e dos accidentes de tráfico.


|

061operadoras

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 reforzará un ano máis o seu persoal da Central de Coordinación para garantir que a asistencia sanitaria ás urxencias e ás emerxencias que se produzan na Comunidade Autónoma sexa a adecuada a pesar do incremento de demanda durante o Nadal.


O organismo lembrou que, como vén sendo habitual, o número de chamadas aumenta durante o Nadal, non só como consecuencia do incremento das patoloxías relacionadas co inverno, senón tamén polo aumento dos accidentes de tráfico.


Así, haberá un facultativo máis nas quendas de noite do día 24, 31 de decembro e 5 de xaneiro, así como na quenda de mañá do día 25 e do día 1 de xaneiro.


Así mesmo, reforzarase o servizo cun locutor máis --encargado de mobilizar os recursos asistenciais de soporte vital básico e avanzado tras a valoración do médico-- e ata dous teleoperadores máis nas quendas de noite dos días 24 e 25 de decembro e 1, 5 e 6 de xaneiro.


Finalmente, reforzarase cunha persoa máis do habitual as quendas dos locutores de día do 19 ao 23 de decembro, do 26 ao 30 de decembro e do 3 ao 5 de xaneiro; e dos teleoperadores do 25 de decembro ao 1 de xaneiro.


DATOS DO ANO PASADO


O ano pasado --desde o 24 de decembro ao 6 de xaneiro--, a Central de Coordinación do 061 recibiu un total de 22.863 chamadas de demanda sanitaria, que xeraron 21.322 procesos asistenciais, dos que 2.338 foron orixinados directamente por peticións de Atención Primaria.


Dos 21.322 procesos asistenciais xerados polo 061, o 47 por cento resolvéronse sen mobilización de recursos e o 53 por cento restante necesitaron mobilizacións. O 54 por cento foron emerxencias sanitarias, o 34 por cento transporte urxente e o 12 por cento resolveuse con visitas domiciliarias.


Neste período, lembrou o 061, os accidentes de tráfico e as intoxicacións son os principais motivos de demanda sanitaria. Así, o pasado ano, o 061 recibiu 342 chamadas en relación a accidentes de tráfico, que xeraron 278 asistencias por parte dos sanitarios do 061. Un dos asistidos faleceu no punto do accidente.


No relativo ás intoxicacións, o pasado ano atendeuse a 410 persoas, das 340 consumiran alcol e 70 algún tipo de droga.

relacionada ​A xuíza obriga ao xestor do 061 a presentar a proposta para abonar o que debe a operadores
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE