Un descubridor de moda online con 'sangue' galego
DRESTIP é o proxecto da pontevedresa Rocío Lumbreras e a malagueña Patricia de Juan, que aposta pola moda das PEMES.
Dúas mozas emprendedoras, unha galega e outra andaluza, veñen de pór en marcha un descubridor de moda que apoia á pequena e mediana empresa chamado DRESTIP, que pretende, segundo un comunicado, “revolucionar as compras online”.
DRESTIP, segundo as súas fundadoras, nace con dous obxectivos: facilitar a busca de tendencias de moda nunha mesma páxina web, e dar visibilidade a marcas españolas de moda “punteiras, únicas e de gran calidade”.
A pontevedresa Rocío Lumbreras, unha das fundadoras, explica que “hoxe en día estamos acostumados a buscar nas mesmas tendas, e descoñecemos a infinidade de tendas online e marcas que existen en España”, por eso decidiron “crear unha web na que mostremos ao usuario todo o potencial desas tendas dunha maneira doada e intuitiva”. E engade “pretendemos que o usuario entre en DRESTIP cada día e descubra unha nova tenda, unha nova tendencia”.
A malagueña Patricia de Juan, a outra metade de DRESTIP, comenta que “todos somos creadores de tenencia e hai que atoopar a maneira de facelo”. Neste sentido, DRESTIP, segundo as súas creadoras, “inspira aos usuarios” cunha ferramenta que permite crear ‘collages’ de prendas e velo en conxunto.
As creadoras buscan dotar ao usuario cunha ferramenta que lles permita vestir “diferente”, por iso aposta polas pequeñas e medianas empresas cun catálogo de 6.000 produtos que esperan aumentar nos próximos meses ata alcanzar os 20.000.
Escribe tu comentario