#Claves de la semana

​De la Serna: "Non estou en condicións de falar dun prazo concreto para o AVE"

O ministro de Fomento evita reiterar o compromiso de 2018 como data para que se rematen as obras da conexión con Madrid.


|

Feijoodelaserna


O ministro de Fomento recoñeceu hoxe "dificultades" nas obras de cinco tramos do AVE a Galicia e deixou no aire o prazo para a chegada da alta velocidade. Na reunión que esta mañá mantivo co presidente da Xunta, Íñigo de la Serna non se comprometeu máis que a seguir considerando esta infraestrutura "unha prioridade" para o Executivo que dirixe Mariano Rajoy, pero evitou ratificar a data de 2018 comprometida ata o momento e admitiu que "o parón dun ano" sen un Goberno central con plenas funcións xerou "danos" cuxo "impacto" hai que medir.


En aras da "prudencia" e ata que o seu departamento concrete o dito "impacto", De la Serna evitou reiterar o compromiso de 2018, o que deixa no aire esta data. En concreto, admitiu "dificultades" nalgúns tramos (aludiu, en concreto, a uns 18 quilómetros), que confía en "desatascar" canto antes.


Tanto ante o presidente galego como ante os medios de comunicación, Íñigo de la Serna recoñeceu a existencia de cinco tramos da liña Madrid-Galicia que teñen "dificultades de execución" por "circunstancias sobrevidas". Estas complicacións estarían en cinco intervencións do tramo Pedralba-Taboadela, fundamentalmente relacionadas co túnel do Padornelo e algúns viadutos.


Ante esta situación, o Ministerio púxose "ao choio" para "desbloquear" e "desatascar" trámites administrativos que permitan a "axilización ao máximo" destas obras. En "uns días a pleno rendemento", dixo o ministro, "puidéronse liberar algúns tramos", mentres que se continúa traballando noutros dous.


"Non imos cesar no empeño, pero non estou en condicións de falar dun prazo concreto", subliñou De la Serna tras o seu encontro con Feijóo.


"LEVAMOS DÉCADAS ESPERANDO"


Feijóo aludiu nos seus agradecementos a Rajoy, "a única persoa que pode marcar as prioridades dun ministro", que se atopou con que esta infraestrutura é unha das "catro ou cinco cousas" máis urxentes. "Iso tranquilízame", declarou o presidente da Xunta, porque confirma os compromisos que o propio Rajoy lle ten trasladado.


O presidente da Xunta, pola súa banda, quixo lembrar que "levamos décadas esperando" pola conexión de alta velocidade que "a maioría dos españois xa están desfrutando, uns desde o século XX e outros desde a primeira década do XXI". Consciente de que os prazos dependerán de como se solucionen as "dificultades" nomeadas polo ministro, insistiu en que "Galicia non pode darse por satisfeita" ata que se complete o acceso á Meseta.


Feijóo defendeu que o AVE do eixo atlántico é un éxito de funcionamento e de pasaxeiros e lembrou outra petición, a de que "Lugo ten que estar conectado con Madrid en tres horas".

relacionada ​Renfe estrena este lunes el wifi a bordo de los trenes AVE
relacionada ​Adif concluye la perforación del Túnel de Padornelo, vital para el AVE gallego
relacionada Adif retoma as licitacións da Alta Velocidade a Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE