#Claves de la semana

As luces do Nadal poden cegar e causar accidentes de tráfico

O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia explican que o risco é maior en persoas con trastornos da visión e maiores de 50 anos


|

Cocheslucesdenavidad


O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia advirte de que as luces do Nadal instaladas na rúa poden "producir cegamentos e causar accidentes de tráfico"


Neste sentido, a entidade colexial explica que unha das consecuencias da iluminación nocturna poden ser os deslumbramentos dos condutores que circulan polas rúas. "Polo menos o 70 por cento dos condutores sofre deslumbramientos ao volante. No caso de persoas con trastornos da visión e maiores de 50 anos son máis acusados e poden ocasionar accidentes", destacou o presidente do Colexio galego, Eduardo Eiroa.


Por iso, recomenda "extremar a precaución" nestes días festivos con motivo do Nadal nos que se incrementa o número de desprazamentos nocturnos.


Ademais, os especialistas indican que, nalgúns casos, os cambios repentinos de luminosidade presentan "certos inconvenientes para persoas especialmente sensibles aos deslumbramentos" e, sobre todo, nas afectadas por cataratas. Segundo engaden, un dos síntomas iniciais das persoas con cataratas é que, ademais de ver máis borroso e as cores máis apagadas ou amarelados, as luces poden causarlles halos e máis deslumbramento do habitual.


Neste sentido, a entidade colexial subliña que o risco de sinistros durante a condución "é maior en persoas afectadas por defectos refractivos da visión como hipermetropía, astigmatismo, miopía e tamén os pacientes de glaucoma" que "teñen problemas de adaptación da pupila e con iso aumenta o tempo de resposta ao cambio de luz", segundo concreta Eiroa-.


Tamén son especialmente sensibles aos deslumbramentos as persoas con ollos claros, "debido a que a súa cantidade de melanina no iris é menor", segundo engade.


Por outra banda, o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia lembra aos condutores que o alcol e outras sustancias estupefacientes "provocan diminución de reflexos, alteran a percepción visual ao volante e causan visión borrosa e dobre".

relacionada La 'invasión' de las pantallas adelanta 10 años la vista cansada
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE