Betanzos acolle este domingo un foro para proxectos galegos de agroecoloxía
A Asociación Herbamoura, coa colaboración do SLG e o financiamento da Deputación da Coruña, presenta este evento.
Betanzos acollerá este domingo, 4 de decembro, o 'Foro Labrego de Agroecoloxía', un evento que na súa primeira edición poñerá en común proxectos galegos de agroecología e co que se busca analizar as potencialidades e as necesidades deste sector.
A Asociación Herbamoura, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e co financiamento da Deputación da Coruña, presenta este evento, cuxa programación vira ao redor de catro mesas redondas.
En declaracións aos xornalistas, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, e Mauro Álvarez, que rexenta un posto no mercado coruñés de San Agustín, foron os encargados de presentar este foro que nace tras a necesidade de "poñer en común" aqueles proxectos de agricultura ecolóxica de Galicia.
A secretaria do sindicato explicou que o obxectivo deste encontro é "aproveitar a potencialidade" da agroecoloxía tanto a nivel económico como social e "sumar forzas" para xerar novas redes de cooperación, ao mesmo tempo que se busca detectar as necesidades e as posibilidades de traballo neste sector.
PROGRAMACIÓN
Desta forma, nunha primeira mesa redonda abordarase as potencialidades da agroecoloxía en Galicia coa participación de expertos das universidades de Santiago de Compostela e Vigo. Tras esta, haberá un debate sobre a visibilización dos proxectos agroecolóxicos, coa participación de responsables de empresas do sector.
Xa pola tarde, despois de gozar dunha comida con produtos ecolóxicos, haberá unha cuarta mesa redonda, neste caso centrada máis no aspecto do consumo a través da visibilización das organizacións de consumidores e de agricultores que loitan pola agroecoloxía.
Escribe tu comentario