#Claves de la semana

​Deteñen a un vigués de 71 anos por abusar sexualmente de dúas menores de 13 anos

O home ofrecíase a levar ou recoller ás nenas argumentando aos pais que tiña "moito tempo libre" e era "máis cómodo" para eles.


|

Pornografiainfantilpedofilosabusossexuales


Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un home de 71 anos de idade que ao longo dos últimos meses supostamente abusou sexualmente de dúas menores de 13 anos tras gañarse a confianza dos pais e das propias nenas, ás que previamente chegou a pedirlles fotografías.


Tal e como informou a Policía Nacional, o home ofrecíase a levar ou recoller ás nenas argumentando aos pais que tiña "moito tempo libre" e era "máis cómodo" para eles. Despois, para gañarse ás menores, recollíaas nun convertible e convidábaas a tomar algo ou a ir de compras.


Ademais, como unha delas lle comentou que quería ser modelo, o home díxolle que contactara cuns amigos seus que traballaban en televisión e estes pedíanlle unhas fotografías de proba. Tras enviarlle varias imaxes, o home acabou dicíndolle que necesitaba fotos dela espida, ao que ela acabou accedendo.


Posteriormente, un día que a foi a recoller ao instituto, o home díxolle á nena que tiña que pasar pola oficina para recoller algo pendente, e alí fíxolle tocamentos e indicoulle que non debía dicirlle nada a ninguén. Estes episodios repetíronse en varias ocasións, ata que a menor lle contou o ocorrido aos seus pais e foron denunciar os feitos.


A Unidade de Familia e Muller da Brigada de Policía Xudicial iniciou entón unha investigación, por mor da que se comprobou que había outra menor vítima dos mesmos feitos por parte deste home.


Por todo iso, procederon a detelo e a rexistrar a súa vivenda e a súa oficina, onde acharon diverso material informático que está a ser analizado e dúas armas. Tras ser posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 dos de Vigo, o home quedou en liberdade aínda que investigado.

relacionada O violador de Augas Férreas puido cambiar "intencionadamente" de aspecto
relacionada #PrimAcoso convida ás mulleres a denunciar o seu primeiro acoso
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE