#Claves de la semana

​Xerais edita un libro sobre "a idade de prata" da literatura galega

No volume abórdase a etapa comprendida desde a fundación das Irmandades da Fala ata o inicio da guerra civil española.


|

Xoseramonpenaxesusalonsomontero

A Real Academia Galega (RAG) acolleu este martes a presentación do terceiro volume de 'Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936', editado por Xerais.


O acto contou coa presenza do presidente da institución académica, Xesús Alonso Montero; xunto ao autor, Xosé Ramón Pena, e o director de Xerais, Manuel Bragado.


Neste novo volume, abórdase a etapa comprendida desde a fundación das Irmandades da Fala ata o inicio da guerra civil española.


Así, a difusión xornalística e editorial de Leandro Carré e Ánxel Casal, o Seminario de Estudos Galegos, Ramón Cabanillas, Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro ou a Xeración Nós están incluídos neste volume.


"ANOS DE PRATA" DA LITERATURA


No acto, o autor denominou como "os anos de prata" esta etapa da literatura galega. Así, definiuse como "optimista histórico" e, por iso, dixo que, ao seu xuízo, "a idade de ouro da literatura galega aínda está por vir ou igual estamos a vivila agora".


Pola súa banda, o presidente da RAG definiu a publicación como "a enciclopedia literaria de Galicia". Tamén encomiou o traballo realizado polo autor tanto pola cantidade de material que figura na obra como a contextualización de cada momento histórico.

relacionada ​A RAG celebra un simposio sobre a vida e a obra de Manuel María
relacionada A RAG alerta de que só se lle transmite o galego a un terzo dos nenos nados no século XXI
relacionada 1.500 persoas examínanse para obter o Celga
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE