#Claves de la semana

​Reclaman que se concrete o orzamento para reubicar os servizos do Gil Casares

A xunta de persoal da área de Santiago reunirase cos grupos parlamentarios para trasladarlles a reivindicación.


|

Gilcasares


A xunta de persoal da área sanitaria de Santiago de Compostela pediu que se habilite unha partida orzamentaria para a elaboración dun proxecto que "contemple e concrete" a execución dunha infraestrutura para a recolocación dos servizos do Hospital Gil Casares e o seu contorno.


Así o explicou, nun comunicado de prensa, CIG-Saúde ante a "incerteza" que se produce entre os traballadores e usuarios "da área sanitaria de Santiago" pola construción do campus da saúde na contorna do Hospital Gil Casares.


A xunta de persoal tomou a decisión de demandar esta medida nunha reunión celebrada o 26 de outubro, na que ademais acordaron solicitar unha reunión cos grupos parlamentarios de PP, En Marea, PSOE e BNG para reclamar que nos orzamentos que se debatan para 2017 se contemple xa a dita actuación.

relacionada ​Preocupación por que a facultade de Medicina ocupe parte do hospital
relacionada ​Feijóo comprométese coa nova facultade de Medicina e co Ano Xacobeo 2021
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE