#Claves de la semana

​O acordo pecha a porta a unha abstención de só once deputados

Javier Fernández explica que é "imperativo" acatar a decisión do Comité Federal e que "absterse é iso, non irse" da votación.


|

Javierfernandezasturias 1


O presidente da Comisión Xestora do PSOE, Javier Fernández, manifestou que a decisión que tomou este domingo o Comité Federal de absterse ante unha eventual investidura de Mariano Rajoy é un "mandato imperativo" e, por tanto, afecta a todo o Grupo Socialista no Congreso.

"O que saíu do Comité Federal é imperativo. Absterse é iso e non irse" da votación, afirmou Fernández na rolda de prensa posterior á reunión do máximo órgano do partido entre congresos.

Así, o dirixente provisional do PSOE quixo despexar as dúbidas que xurdiran nos últimos días acerca da posibilidade de que se puidese pensar nunha abstención técnica do Grupo Socialista, é dicir, que só se abstivesen os 11 deputados que serían necesarias para que a investidura do líder do PP saíse adiante.

NON É ALGO VERGONZANTE

Explicou que agora lle corresponde á Comisión Xestora "persuadir" a todos aqueles deputados que xa manifestaron os seus reparos coa abstención ante Rajoy, como os sete do PSC; a número dous na lista por Madrid, Margarita Carballos; o guipuscoano Odón Elorza, e a aragonesa Susana Sumelzo, entre outros.

"Espero que estean receptivos e que digamos que nos abstemos porque iso é o que decidiu o Comité Federal. Non vexo que teña que ser algo vergonzante. Absterse non é apoiar", remarcou Fernández, quen insistiu unha vez máis en que o obxectivo era non levar a unhas terceiras eleccións.

Aínda que o provisional líder do PSOE definiu o debate deste domingo "intenso, forte, franco", pero tamén "duro" polo propio contido do mesmo, tamén asegurou que foi "respectuoso", polo que non tivo "nada que ver" co anterior Comité Federal, o celebrado o 1 de outubro e que terminou coa dimisión de Pedro Sánchez e a creación da xestora.

PEDRO SÁNCHEZ

O exsecretario xeral do PSOE Pedro Sánchez mostrouse confiado en que a militancia do partido "recupere e reconstrúa pronto" un Partido Socialista "afastado do PP". Sánchez publicou este comentario na súa conta de Twitter: "Pronto chegará o momento en que a militancia recupere e reconstrúa o seu PSOE. Un PSOE autónomo, afastado do PP, onde a base decida. Forza".

Sánchez, que non fixo ningunha aparición pública desde que foi destituído como secretario xeral, tampouco estivo presente no Comité Federal.

CANCELA VE UNHA "RUPTURA" COAS BASES

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, considerou que a decisión tomada polo Comité Federal supón "unha ruptura" co que "pensan maioritariamente as bases do partido" e augura que "vai haber moita xente que seguirá mantendo o non".

Ademais, preguntada a que se refire cando pide que sexa "o menos traumática posible" dixo: "Refírome a algunha ameaza que se fixo de maneira explícita de expulsión do partido, creo que iso nunca ocorreu no partido, cando alguén adopta unha determinada posición sabe que hai un regulamento que vai ter que aplicarse, pero creo que ameazar con expulsións non é a mellor forma de coser".

Con todo, Pilar Cancela non desvelou se votará en contra do goberno do PP ou se se absterá. Así, explicou que exercerá o seu voto "en función do que ocorra esta semana" e das decisións que tome o grupo parlamentario ao que a xestora ten que trasladar o acordado. .


ICETA PIDE COMPRENSIÓN

O secretario xeral do PSC, Miquel Iceta, pediu á xestora do PSOE que, cando se reúna, sexa "sensible e comprensiva" coa "situación política do socialismo en Cataluña".

Á saída da sede dos socialistas en Madrid, Iceta declarou ante os medios que durante a súa intervención no Comité Federal ha pedido "intelixencia" para favorecer o "seguir camiñando xuntos". Sobre a posibilidade dunha abstención técnica, indicou que non lle vai a dicir a ninguén o que ten que facer e preguntado pola posición do PSC, lembrou que se reunirán este martes para tomar a decisión.


"UN GRAVE ERRO"


O exsecretario de Organización do PSOE César Luena cualificou como un "grave erro" a decisión do Comité Federal do Partido de absterse nunha investidura de Mariano Rajoy. "Absterse na investidura de Rajoy é un grave erro. O PSOE está a incumprir o seu compromiso cos españois", asegurou no seu perfil en Twitter.

Nun segundo tuit, reclamou "voz e voto canto antes" para os militantes do partido, tras unha decisión que considera "contraria ao sentir da militancia".

"COHERENTE COS MEUS PRINCIPIOS"

Outra das voces do 'non', a deputada do PSOE por Zaragoza Susana Sumelzo anunciou a través da súa conta de Twitter que, a pesar da decisión do Comité Federal, ela manterá o 'non' ao candidato popular. "Serei coherente cos meus principios e cos votantes. Adquirín un compromiso e cumprireino", asegurou na rede social nunha mensaxe acompañada co hashtag '#NoalPP'.

relacionada ​El Comité Federal decide no bloquear la investidura de Rajoy
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE