O Dépor vai recuperando efectivos para o encontro do sábado
Emre Çolak e Celso Borges están de volta na Coruña despois dos compromisos coas seleccións. Faltan só Fayçal e Andone.
Adestramento en Abegondo. //Fonte: RC Deportivo
Despois de ser titular o pasado domingo con Costa Rica e dunha maratoniana viaxe desde Krasnodar (Rusia), Celso Borges chegou este martes á Coruña e xa se adestrou en Abegondo. O turco Emre Çolak xa se incorporara o luns á disciplina do club para centrarse na visita ao Camp Nou deste sábado 15 de outubro. Así, dos internacionais só faltan por volver Fayçal e Andone, con partidos internacionais aínda pendentes.
Pero Garitano vai recuperando, ademais, os xogadores afectados por algún tipo de lesión. Esta mañá, Carles Gil, aínda sen alta médica, realizou todo o adestramento co grupo. Así pois, queda só Joselu á marxe do equipo a día de hoxe. A semana pasada Juanfran baixou a intensidade e exercitouse co readaptador Fran Molano; do mesmo xeito que na parte final do adestramento deste martes, co fin de realizar un traballo específico.
O adestramento de hoxe foi o máis duro da semana, cun exercicio de forza e partidos en espazo reducido, de alta intensidade.
Escribe tu comentario