#Claves de la semana

​Susana Díaz ofrécese para axudar a "coser, unir e restablecer a fraternidade"

Enviou unha mensaxe de "tranquilidade" ante a guerra interna desatada no PSOE. 


|

Susana3 1


A secretaria xeral socialista en Andalucía e presidenta da Xunta, trasladou esta tarde ante a súa Executiva "unha mensaxe de tranquilidade" ante a guerra interna desatada no PSOE e aseguraou que os socialistas andaluces "van estar á altura". 


A secretaria xeral do PSOE andaluz e presidenta da Junta, Susana Díaz, asegurou hoxe que esta federación poñerá da súa parte para axudar a "coser, a unir, a restablecer a fraternidade" por "moi complicado" que sexa este momento.


Díaz advertiu de que os militantes non "perdoarán" que se puxeran "os intereses persoais por encima dos do partido", e lamentou que haxa quen "se cegou cos fogonazos dos partidos novos e perdeu a perspectiva".


Así se pronunciou ante o Comité Director do PSOE-A, convocado o día despois de que os críticos presentasen en Ferraz a dimisión de 17 membros da Comisión Executiva Federal do partido co que pretendían precipitar a disolución deste órgano e a caída do secretario xeral, Pedro Sánchez; e onde asegurou que o PSOE-A "nunca querería que goberne a dereita" e que vai contribuír a "coser, unir e restablecer a fraternidade de todos os compañeiros no conxunto do PSOE".


BANDOS


Ademais, secretaria xeral do PSOE-A, Susana Díaz, negou que no PSOE haxa "bandos" e defendeu que o partido, que atravesa unha situación "dura e dolorosa", merece dunha reflexión en "profundidade e sen présas", polo que rexeitou que se celebre un congreso expres porque alguén o considere favorable para "os seus propios intereses persoais". Pola contra, defendeu un congreso con todos os militantes, pero sen présas.


Nunha intervención que se iniciou co aplauso en pé de todos os membros do Comité Director, Susana Díaz reivindicou as figuras dos expresidentes do Goberno Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero e dixo que lle "doe" que se lles sitúe no bando da dereita" á vez que defendeu que o PSOE é "patrimonio de militantes e dos miles de home e mulleres que nos dan o seu voto e non teñen o carné do partido".


Foi especialmente dura con Podemos, formación á que acusou de "inxerencias descaradas" para tentar "influír na vontade libre" do PSOE. "O que Podemos fixo con IU non o vai a facer co PSOE", dixo ante o aplauso dos asistentes.




relacionada Sánchez convoca el Comité Federal de este sábado y adelanta el Congreso a noviembre
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE