O Sergas gastou 420.000 euros en mobiliario e equipamento na sede Fegas
A CIG denuncia o "mal uso" dos fondos públicos nunha sede que "foi recentemente remodelada" indicindo nun gasto de case 170.000 euros.
A CIG-Saúde pediu "xustificación" ao Sergas sobre uns gastos de case 420.000 euros en mobiliario e equipamento para unhas dependencias, da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), que "foron recentemente remodeladas".
A través dun comunicado de prensa, o sindicato requiriu ao Sergas que explique "se vai permitir este gasto" e se esta é "unha das prioridades ou obxectivos" polos que se creou a Axencia do Coñecemento en Saúde, que se sitúa na sede da Fegas.
Ao fío diso, lembrou que xa denunciou o pasado mes de marzo o gasto de case 170.000 euros na creación de sete espazos de innovación sanitaria "coñecidos entre o persoal como 'salas de festas de aniversario' polo seu deseño e nula utilidade".
Xa entón, a central nacionalista criticou o "mal uso" dos fondos públicos e reclamou que o diñeiro previsto para investigación e innovación "se utilice correctamente, e para o que está previsto".
Escribe tu comentario