#Claves de la semana

​Villares, satisfeito coas listas de En Marea: "Recollen toda a pluralidade da confluencia"

Carmen Santos califica de "magníficos" os resultados nas primarias de En Marea polas provincias d'A Coruña e Pontevedra, e constata a maior dificultade de penetración do partido en Ourense e Lugo.


|

Luisvillares 1


O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, considera que as candidaturas provinciais de En Marea recollen "toda a pluralidade da confluencia". Por iso, ve "moi positiva" a configuración das listas, pois "todo o mundo", sostén, "sentiu ben representado".


Neste sentido, mostrouse "orgulloso" por estar á fronte da candidatura da Marea Galega, camiño no que lle acompañan o deputado de AGE e coportavoz de Anova, Antón Sánchez; a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos; e Ánxeles Cuña, directora dunha compañía teatral que se presentou xunto con membros de Esquerda Unida.


Villares destacou a "gran capacitación profesional" e a "gran solvencia política" dos integrantes das candidaturas, feito que as converte, na súa opinión, nunha "oferta electoral moi boa" para "seducir á maior parte da sociedade galega".


Unha vez confeccionadas as candidaturas a través dun proceso que cualifica de "absolutamente democrático" e que contrasta cos "procesos baltaristas" que ve como "monarquías onde se sucede a xente".


CARMEN SANTOS, “SATISFEITA”


A secretaria xeral de Podemos en Galicia, Carmen Santos, asegurou estar "satisfeita" cos resultados obtidos polo partido nas primarias de En Marea, feitos públicos este venres.


Santos dedicou tamén unhas palabras ao candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares: "Xa me comentaban que era unha persoa magnífica e onte, que o coñecín persoalmente, púideno corroborar".


LUGO E OURENSE, OS RETOS


En concreto, cualificou como "magníficos" os resultados das provincias da Coruña e Pontevedra, onde Podemos obtivo 11 representantes. A este respecto, Carmen Santos, cabeza de lista por Pontevedra, defendeu que esta provincia é "tradicionalmente a máis forte (para Podemos) con respecto á intención de voto tanto nos procesos internos como electoralmente".


Do mesmo xeito, Santos constatou unha maior dificultade de penetración do partido nas provincias de Lugo e Ourense, o que, na súa opinión, mostra que a formación morada ten que "facer un sobreesforzo" para traballar nas provincias do interior e nos espazos rurais.


Nas súas declaracións aos medios, a secretaria xeral de Podemos en Galicia tamén aproveitou para lanzar unha mensaxe ao PP: "É moito máis fácil facer listas poñendo aos teus amigos a dedo".

relacionada En Marea referenda a Villares cun 86,8% dos votos
relacionada ​Carmen Santos: “Luis Villares tendrá que convencer a Podemos”
relacionada ​Villares celebra a unidade: "xa non hai eles e nós"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE