#Claves de la semana

​O BNG aposta por unha lei galega de recuperación de memoria histórica

Queren facer oficial o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir e "dignificar" o traballo dos que "estiveron do lado da razón", coma Alexandre Bóveda.


|


Anaponton 3


A portavoz nacional e candidata á Xunta do BNG, Ana Pontón, apostou por unha lei galega de recuperación da memoria histórica que recolla a oficialidade do 17 de agosto como Día da Galiza Mártir.

Con motivo da súa presenza nun acto da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Pontón avanzou que o programa electoral do Bloque "vai apostar por que Galicia se poña á cabeza do estado na recuperación da memoria histórica". Así, avogou por ter "unha lei galega de recuperación da memoria que non só devolva a dignidade ás vítimas, senón que haxa verdade e reparación". "Que haxa medidas para dignificar e recuperar que fixeron os mártires da nosa terra como Alexandre Bóveda", apuntou.


Sobre o 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, destacou que é unha data na que lembrar "a todos os galegos que naqueles terribles momentos estiveron ao lado da razón fronte á barbarie que significou o franquismo".

Bóveda é, para a líder nacionalista, unha "figura clave contra a terrible represión" e "simboliza a todas as persoas que deron a súa vida por defender a liberdade, a xustiza social e que enfrontaron ese golpe de estado que supuxo máis de 40 anos dunha 'longa noite de pedra' para todos os galegos".

PARTIDO GALEGUISTA "NO SÉCULO XXI"

Pontón resaltou que por iso constitúe unha "referencia importante", e "porque o Partido Galeguista é a organización" coa que o Bloque se identifica e á que dá "continuidade no século XXI". Neste escenario, a nacionalista remarcou a "necesidade" de que Galicia conte con "forzas políticas propias", "alternativas que teñan a súa cabeza e o seu corazón" no país.

E os galegos, dixo, "teñen no BNG unha alternativa sólida, non un proxecto do último minuto, no que poden confiar se queren que haxa un cambio o 25 de setembro".

Así, reivindicou liderar unha "organización sólida, con principios, proxectos e propostas para que os galegos saian adiante nun momento excepcional" que require que "haxa cambios de fondo".

relacionada O BNG reclama un Estatuto de Autonomía novo, que supere o actual
relacionada ​Ana Pontón considera anecdótico o apoio de xente do BNG a Villares
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE