Case 180 condutores dan positivo nos controis da Festa do Albariño de Cambados
A grande maioría beberan alcol, pero case a metade dos sometidos ao test de drogas conducían baixo os efectos dalgunha substancia.
A Garda Civil de Tráfico realizou máis de 3.000 probas de detección de alcol e drogas no marco da Festa do Albariño en Cambados, na que 176 condutores deron positivo, 162 en alcol ou 14 en distintos tipos de droga.
Ademais, segundo puntualizou o Instituto Armado, cinco taxistas foron denunciados por iniciar o transporte de viaxeiros fóra do seu municipio.
En concreto, con motivo da Festa do Albariño, a Garda Civil de Tráfico estableceu un plan de controis nos distintos puntos de acceso á localidade, nos que se realizaron un total 3.274 probas de detección de alcol e drogas. Delas, 176 condutores, o que supón un 5,34 por cento do total, deron resultado positivo.
Máis do 97 por cento dos positivos, concretamente 172 foron por alcol e os 14 restantes por conducir baixo os efectos dalgún tipo de drogas, segundo concretou Tráfico. O maior número de resultados positivos detectados alcanzouse a madrugada do domingo: 126 condutores consumiran alcol e a outros nove detectóuselles presenza de drogas na proba indiciaria en saliva.
Dos 162 condutores que deron positivo, 153 foron denunciados por vía administrativa, mentres que aos nove restantes instruíronselles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por superar a taxa de 0,60 mg/l en aire expirado. Ademais, un condutor foi investigado pola negativa para realizar as probas de alcoholemia, ao abandonar o lugar do dispositivo.
DROGAS
Así mesmo, os axentes realizaron 30 probas de detección de drogas. Algo máis do 46 por cento dos condutores que foron sometidos ao test salival para comprobar a presenza no organismo de drogas, concretamente 14, resultaron positivos, aos cales se lles formulou expediente denuncia por vía administrativa.
Entre as drogas máis consumidas están o cannabis (10 casos), a cocaína (un), e en tres condutores máis se detectou policonsumo, é dicir, positivo a máis dunha sustancia.
No caso das drogas, a lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo do condutor, quedando excluídas as sustancias que se utilicen baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 euros e a retirada de seis puntos.
TAXISTAS
Tráfico explicou que, ademais, cinco taxis foron detectados por realizar transporte de viaxeiros iniciado a viaxe en termino municipal distinto ao que corresponde a licenza de transporte urbano, "carecendo da preceptiva autorización que lles permitiría, no seu caso, reforzar o servizo extraordinario de taxis no municipio de Cambados", destacan as mesmas fontes.
A normativa de transportes vixente sanciona este tipo de infraccións con 600 euros de multa, segundo destacou a Garda Civil de Tráfico.
Escribe tu comentario