Falece o pai do presidente da Xunta
Será velado en Ourense e recibirá sepultura nun acto íntimo da familia este martes.
Núñez Feijóo co seu pai, Saturnino Núñez. /Fonte: twitter @ppdegalicia
O pai do presidente da Xunta, Saturnino Núñez, faleceu na tarde do luns na localidade de Vigo aos 83 anos de idade. Natural de Vilardevós, casado e con dous fillos, Alberto e Micaela Núñez Feijóo, será enterrado este martes en Ourense.
Alberto Núñez Feijóo suspendeu a súa axenda, que ata última hora mantivo de forma intensa, tanto da tarde deste luns, cando estaba previsto que asistise a unha entrega de premios en Ourense, como para o martes, cuxos compromisos quedaron pospostos, segundo confirmaron fontes do seu gabinete.
Saturnino Núñez será velado en Ourense e recibirá sepultura nun acto íntimo da familia este martes. O funeral será ás 19,00 horas en Ourense.
Escribe tu comentario