#Claves de la semana

As listas electorais son o seguinte exame para a "concordia" no PSdeG

Un bando intepreta que Lieceaga pode meter man na confección das listas, mentres os críticos defenden que saian dos comités provinciais: "o que intenta o candidato é saltar os procedementos".


|

Psdegsenadorpose

Modesto Pose, xunto cos senadores do PP Juan Manuel Jiménez Morán e Fernando Carlos Rodríguez.


Modesto Pose, elixido senador autonómico a proposta do PSdeG, apelou a que o seu partido "retome a senda da concordia" e a que prime "o acordo" na confección das candidaturas para as eleccións autonómicas de outono. Iso si, el situouse "detrás" do aspirante á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, para o que pide que teña "o papel que corresponde" no proceso de listas, que deben pecharse "a medias" entre o partido e o candidato.


Pose foi nomeado pola Cámara autonómica para ocupar unha praza de senador co voto a favor do Grupo Socialista en bloque, aínda que nos últimos días unha gran parte dos deputados socialistas defenderan que o cargo debía ser para o coruñés José Luis Méndez Romeu, exportavoz parlamentario e rival de Leiceaga nas primarias a candidato, nas que foi derrotado.


"RESPONSABILIDADE A MEDIAS"


En canto ás listas, indicou que son "responsabilidade a medias" entre o partido e o candidato e engadiu que, "canto máis acordo haxa, mellor". "E se non" -contrapuxo-- "hai que deixar ao candidato que teña o papel que lle corresponde nas listas porque el é o que se presenta á Xunta, necesita un Grupo potente e sabe das necesidades e especialidades que se requiren para o mesmo". "Espero que todo o mundo entenda iso", apuntou.


"PARTICIPAR E FALAR"


A deputada do PSdeG Carmen Gallego, quen nos últimos días exerce como portavoz dos críticos, cinguiu o apoio en bloque á proposta do senador á "responsabilidade". En relación ás listas, avanzou que seguirán demandando que sexan os órganos "lexitimados" os que adopten as decisións no PSOE. "E que non se substitúan os órganos democráticos elixidos pola militancia por un ordena e manda", advertiu.


"Sempre se consultou ás agrupacións locais, fixéronse os comités provinciais e despois ratificáronse no Comité Nacional, con independencia de que o candidato poida participar e falar", subliñou.


LEICEAGA "TENTA SALTAR OS PROCEDEMENTOS"


Así, insistiu en que a participación do candidato "non quita que haxa que seguir os procedementos". "E o que tenta o candidato é saltar os procedementos", lamentou, para concluír que o que se esixe é "procedemento, democracia interna, participación da militancia, dos comités provinciais e ratificación polo Comité Nacional". "Como marcan as normas", resolveu.


Os críticos e a xestora discrepan na interpretación desta reunión, xa que os primeiros cren que debe "ratificar" as listas "sen cambios" sobre a decisión das provinciais e a dirección provisional en Galicia insiste en que non ten esa "competencia", polo que as analizará "con carácter informativo" e a última palabra será de Ferraz.


CABALLERO RESTA IMPORTANCIA


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rebaixou este martes a importancia da renovación na confección das candidaturas do PSdeG para as eleccións autonómicas de outono. "Eu repetín toda a lista municipal en Vigo; eramos 11 concelleiros, repetiron os 11 e sacamos 17. Calquera cousa que se faga é boa se o decide quen o ten que decidir e o fai pensando nos cidadáns", defendeu.


Preguntado coas tensións que se viven no PSdeG ao redor das listas, Caballero replicou este martes que el non sabe "nada diso" porque non se ocupa de tarefas de "organización" e engadiu que, ademais, calquera conflito "está arranxado" porque hai un calendario ao que el, "persoalmente", deu o seu "visto e prace", tendo en conta que está na Executiva e no Comité Federal.


"Eu deille o visto e prace e o resto da normativa está nos estatutos, non hai máis que dicir: están as asembleas locais... todo o que vostedes saben, que eu de organización do PSdeG sei bastante pouco", reflexionou, antes de ser preguntado acerca de se finalmente o Comité Nacional terá ou non competencias para "ratificar" as listas e de responder: "tempo ao tempo, xa se verá todo".


Neste sentido, tras rexeitar falar do conflito xurdido no Grupo Parlamentario, remitiu aos xornalistas aos estatutos, que se negou a "recitar", e subliñou que son "a Biblia do PSOE". "A ver se o entenden, os partidos temos uns estatutos e son a biblia", defendeu, para engadir que "o importante" é confeccionar "unhas boas listas pensando nos cidadáns".

relacionada ​La disciplina de voto se impone en el PSdeG
relacionada ​Las listas electorales elevan la tensión interna que vive el PSdeG
relacionada ​Cancela impone su candidato al Senado
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE