Acusan a dous homes en Cambre de vender droga a menores
A detención enmárcase nunha operación local da Garda Civil para previr o tráfico e consumo de estupefacientes por parte dos alumnos dos centros de ensino.
Efectivos da Garda Civil detiveron en Cambre (A Coruña) a dúas persoas, R.G.R. e B.T., acusados dun delito contra a saúde pública, tras supostamente vender droga a alumnos dos centros de ensino da localidade. As detencións producíronse no marco da Operación Teenagers Cambre, destinada á prevención do tráfico e consumo de sustancias estupefacientes por parte dos alumnos dos centros de ensino desta localidade.
A través dunha investigación realizada pola Garda Civil, púidose localizar un punto de venda ou miudeo no Paseo Marítimo de Cambre, onde os mozos acudían a comprar principalmente haxix. Aínda coas dificultades de que se trataba dun lugar aberto, os axentes procederon á identificación e detención dos sospeitosos, que tiñan no seu poder 534 gramos de haxix divididos en porcións e 0,6 gramos de cocaína.
Escribe tu comentario