O Meixoeiro continúa a súa guerra aberta contra o peche de camas
O peche do vestíbulo cumpre unha semana e xa hai convocada unha nova manifestación
Os traballadores do meixoeiro continúan coa súa guerra aberta contra o peche de camas, que neste hospital afecta a plantas completas. Este martes cúmprense sete días de encerro no vestíbulo do hospital, un campamento reivindicativo que se mantén día e noite, organizado pola asociación SOS Meixoeiro e pola Xunta de Persoal.
Non se desaniman e non ten pensado parar. De feito, este luns mantiveron unha nova concentración, reuníronse en asamblea con traballadores e usuarios e acordaron convocar unha nova manifestación para o vindeiro mércores 22 de xuño ás oito da tarde.
As reivindicacións seguen sendo as mesmas: que se abran todas as camas de hospitalización, que se abra unha unidade de críticos no hospital, que se organice un plan de choque para reducir as listas de espera e que non se produza nin unha soa derivación cara centros concertados mentres existan camas sen ocupar.
Mentres tanto, mantense a tensión co xerente, que demandou a través dun correo electrónico a "retirada inmediata das pancartas presentes no peche". Unha esixencia que foi ignorada polos organizadores, que acusaron a Félix Rubial de tratar de "atentar contra a liberdade de expresión e sindical".
Escribe tu comentario