Os diabéticos poderán entrar con mochila nos cines de Pontevedra
Trala intervención da valedora do Pobo
Os diabéticos e as persoas con enfermidade inflamatoria intestinal poderán comezar a introducir mochilas nos cines de Pontevedra, dando resposta a unha reclamación das asociacións Anedia e Aseseii, que defende os intereses destes colectivos.
Representantes destas asociacións trasladáronlle o pasado 18 de maio á valedora do Pobo, Milagros Otero, as dificultades que tiñan os enfermos para acceder aos cines da cidade co material hixiénico, sanitario e cos alimentos específicos que precisan.
A valedora púxose en contacto coa xerencia dos cines, que amosou a súa disposición a solucionar o problema, permitindo entrar con mochilas a estes enfermos.
Escribe tu comentario