Chega o momento da “mellor Selección galega da historia”
Riazor acolle este venres o retorno da irmandiña oito anos despois
"É a mellor Selección Galega da historia que eu recorde”. Así de claro se mostrou Fran, responsable xunto a Míchel Salgado de convocar e entrenar aos xogadores da irmandiña oito anos despois do seu último partido en 2008.
Este venres Riazor acollerá un partido contra Venezuela, que Míchel Sallgado concibe como “unha festa de Galicia”, sen esquecer que en canto comece o partido esta festa se convertirá “no traballo de gañar o partido”.
A pesar de baixas importantes de última hora como Lucas Vázquez ou Roberto Trashorras, o equipo segue tendo sen dúbida un nivel de calidade moi alto.
Lucas Pérez, Iago Aspas, Jota Peleteiro, Iago Falque, Denis Suárez… Todos vestirán por un día a mesma camiseta, defendendo o talento do fútbol galego ante o mundo.
Escribe tu comentario