#Claves de la semana

Os inspectores farmacéuticos acusan á Xunta de actuar “como un piquete esquirol” na súa folga

Denuncian os servizos mínimos fixados pola consellería


|


Os inspectores farmacéuticos de Galicia ten convocada unha folga indefinida a partir do día 18, ante os “graves riscos” sanitarios aos que segundo denuncian está exposta a sociedade debido á falta de medios e persoal deste departamento.


Pero aseguran que a consellería de Sanidade está tratando de imporlles “servizos mínimos abusivos superiores ao 53%”, pretendendo segundo eles “xustificar un funcionamento que de xeito ordinario acostuma a desatender”, por iso os denuncian este luns ante a xustiza.


Consideran que estes servizos mínimos “impiden e reducen o dereito á folga”, durante a cal entenden que só deberían establecer un número mínimo de efectivos para cubrir as necesidades no caso de que existise alguna situación de “risco inminente” para a saúde pública.


Denuncian ademais que a administración actúa “como un piquete esquirol, presionando aos traballadores do Laboratorio de Saúde Pública de Lugo para realizar quendas de garda na fin de semana, que en circunstancias ordinarias non se realizan”.


Consideran “lamentable” unha estratexia que “parece mais enfocada a afogar a folga que van levar a cabo os farmaceuticos que en velar pola Sanidade Ambiental do conxunto da cidadanía”, xa que en outras situación a consellería “nunca fixera uso deste Servizo na fin de semana, comprometendo en moitos casos a saúde dos cidadáns”.


Por todo isto, os sindicatos convocantes afrontan a folga "con moita máis forza". O mércores concentraranse diante do Sergas, criticando que a Consellería esté "enrocada de forma absurda neste tema".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE