#Claves de la semana

​400 nenos e nenas disfrutan da terceira Cidade do Futsal

O torneo uniu unha vez máis a aposta polo fútbol sala de base e polo compromiso co medio ambiente


|



400 nenos e nenas de preto de medio centenar de equipos participaron esta fin de semana na terceira edición do torneo de fútbol sala infantil 'Cidade de Futsal', polo que pasaron máis de 3.000 persoas como público.


O torneo uniu unha vez máis a aposta polo deporte e o fútbol de base e polo compromiso co medio ambiente. Ademais dos partidos, durante todo o fin de semana desenvolvéronse outras actividades complementarias de ocio e xogos, xunto con actividades didácticas organizadas por ViAQUA, patrocinadora do torneo, para que os máis pequenos coñeceran de xeito divertido a auga, o seu coidado e a protección do medio ambiente.


No torneo, o equipo “5 Estrellas” de Bertamiráns resultou vencedor na categoría alevín, superando na final ao “Santiago Futsal-Pablo Mel”. Na categoría benxamín proclamouse campión o conxunto do “Bertamiráns FS”, que se impuxo ao “Futbolísimos” na final. E en idade prebenxamín, a victoria foi para o “Compañía de María”, sendo o “Leis Pontevedra” o subcampión.


A entrega de premios, correu a cargo de Julio Masid, director de Viaqua, Marta Lois, concelleira de Igualdade, e Ramón García, presidente do Santiago Futsal.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE