# Claves de la semana

Lanzan unha moción para que os concellos da área de Vigo esixan o “rescate” da sanidade pública

O Concello de O Porriño xa aprobou a moción, que tamén apoia a manifestación do vindeiro día 12 de maio



A Plataforma SOS Sanidade Pública envioulle aos concellos da área sanitaria de Vigo un modelo de moción para que esixan dende os seus plenos o “rescate” da sanidade pública, apoiando ademais a manifestacióconvocada en Vigo para o vindeiro 12 de maio pola Xunta de persoal do Chuvi e por esta plataforma.


SOS Sanidade Pública informa de que a moción xa foi aprobada polo Concello de O Porriño, donde goberna a socialista Eva García de la Torre apoiada por toda a oposición excepto polo Partido Popular, que votou en contra da proposta.


No modelo de moción que envía a plataforma exponse deficiencias como a “renuncia a un Complexo Hospitalario de referencia estratéxica para o Sur de Galicia, a redución de camas , o deterioro da atención primaria” ou as decisión que segundo eles converteron o novo hospital de Vigo “nunha gran superficie comercial incapaz de satisfacer as necesidades de atención especializada da cidadanía”.


Reclaman entre outras medidas que se “reintegre” o Hospital Álvaro Cunqueiro ao Sistema Sanitario Público, que se manteña o funcionamento do Hospital do Meixoeiro recuperando “as camas e recursos recortados” que se manteñan os usos sanitarios nos dous anexos do Hospital Xeral e que se denuncie o concertó e Povisa “en base ás irregularidades no contrato”. 


relacionada ​Vigo quenta motores para “rescatar a sanidade pública”
relacionada ​Nova concentración contra a falta de persoal no Cunqueiro
relacionada Almuíña: "A sanidade én Vigo é moitísimo mellor que hai un ano"
relacionada El área de Vigo saldrá de nuevo a la calle por la sanidad pública
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE