#Claves de la semana

O fútbol sala infantil sóbese ao Gaiás

A Cidade da Cultura acollerá entre o 7 e o 8 de maio o III Cidade do Futsal, un torneo infantil de fútbol sala organizado polo Santiago Futsal


|


A Cidade da Cultura acollerá entre o 7 e o 8 de maio o III Cidade do Futsal, un torneo infantil de fútbol sala organizado polo Santiago Futsal coa colaboración de ViAQUA, que se disputará en catro pistas habilitadas no Gaiás.


No torneo, que foi presentado este mércores, poden participar nenos e nenas de entre 7 e 12 anos de idade. O único que ten que facer é formar un equipo con cinco xogadores e un entrenador e enviarlle ao club a documentación requerida antes do vindeiro luns.


A organización conta con repetir ou incluso superar a cifra de 430 xogadores que acadou o ano pasado, xa que se está constatando un bo ritmo de inscripcións na comarca e incluso noutras provincias.


As claves do éxito deste iniciativa, destacadas na presentación desta mañá, son a combinación de ocio, deporte e familia. Haberá actividades paralelas como hinchables, pistas de voleibol ou accións divulgativas sobre o ciclo da auga. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE