#Claves de la semana

​Vigo quenta motores para “rescatar a sanidade pública”

Traballadores e convocantes da manifestación do 12 de maio concentráronse chamando á cidadanía a apoiar con “ilusión” a protesta, convencidos de que é posible “revertir” a situación da área sanitaria


|





Traballadores e convocantes da manifestación do vindeiro 12 de maio en Vigo concentráronse este venres ante o Hospital Álvaro Cunqueiro, facendo un chamamento á cidadanía para que apoie con “ilusión” unha protesta que entenden imprescindible, convencidos de que se pode “revertir” a situación da área sanitaria “rescatando” o Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública e frenando o “desmantelamento” do Hospital Meixoeiro.


A Xunta de persoal do Chuvi e SOS Sanidade Pública recoñecen que será difícil repetir o “feito excepcional” da manifestación que reuniu a 200.000 persoas en Setembro, nun momento no que a cidadanía “comezaba a sufrir as consecuencias da privatización”, e que supuxo unha das manifestacións máis multitudinarias da historia da cidade. 


Pero Manuel González, de SOS Sanidade Pública, reivindica a importancia de que a cidadanía apoie esta nova convocatoria. Non para denunciar problemas que “a cidadanía xa coñece”, senón para reivindicar que é posible “revertir” a situación.


Entre os principais obxetivos están o “rescate” do Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública e o fin do “desmantelamento” do hospital Meixoeiro. María José Diéguez, voceira da Xunta de persoal, denuncia que se están desdobrando habitacións “cunha escasez de persoal moi importante” e se segue “hacinando á xente en Urxencias en vez de abrir plantas no Meixoeiro” que están pechadas a día de hoxe. 


BNG E AGE APOIAN A CONVOCATORIA


A concentración deste venres contou coa presenza da voceira nacional do BNG, Ana Pontón , e dos deputados de AGE Antón Sánchez e Eva Solla, que confirmaron o seu apoio para a manifestación do 12 de maio.


Para a voceira dos nacionalistas, é “un auténtico disparate que o señor Núñez Feijóo se teña empeñado en deteriorar a sanidade pública iniciando a súa privatización precisamente en Vigo”. Por iso chama á cidadanía de Vigo a “saír á rúa a defender o dereito á saúde”, decindo alto claro que queremos “rescatar o dereito á saúde das persoas”.


Antón Sánchez, vicevoceiro parlamentario de AGE, salientou que “unha das peores cousas que se poden facer en Galicia é facer negocio coa sanidade”, algo que considera exactamente o que pasou na área de Vigo. Por iso chama a apoiar a manifestación contra un modelo que segue uns “criterios de rendabilidade que non son os criterios de rendabilidade social que precisamos os galegos”.


A súa compañeira no parlamento, Eva Solla, aproveitou para reclamar unha vez máis a dimisión do xerente do hospital, Félix Rubial, un dos investigados no caso dos retrasos en tratamentos de hepatite C. 


RESPOSTA DO CONSELLEIRO


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, pronunciouse este mesmo venres sobre a convocatoria da manifestación. 


Considera que a sanidade en Vigo é "moitísimo mellor que hai un ano" e augura que dentro de pouco tempo, o Hospital Álvaro Cunqueiro será "un centro de referencia a nivel nacional". 




relacionada Un gran abrazo reivindica los usos sanitarios del Xeral
relacionada El área de Vigo saldrá de nuevo a la calle por la sanidad pública
relacionada El personal se rebela ante las amenazas del gerente del hospital de Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE