Podemos, esa é a resposta a día de hoxe, sobre todo despois do referéndum á búlgara que acaba de celebrar a formación de Pablo Iglesias e Echenique, que acaban de dar o golpe de gracia a Errejón, que sufriu o mesmo desaire que no seu día padeceu o dirixente aragonés, agora trasmutado en secretario de organización e gardaespaldas partidario de Iglesias. Iso sucedeu, recórdeno Vds. cando dende a súa cadeira de rodas lle plantou cara a Pablo, Pablito, Pablete para facerse co poder nos tempos fundacionais perdendo por goleada.
Agora, colocado á súa dereita, como no seu día fixo Errejón, --os novos políticos non aprenden dos erros cometidos polos anteriores-- saborea os novos tempos, como se lle tivera tocado o cuponazo, sen darse conta que a 18 mil dos seus non lles gusta deixar tirados aos socialistas e que o que lla fixo unha vez volverá a repetilo. Ver para crer.
Así pois, preparémonos para votar, que este conto da leiteira xa chegou ao seu fin, xa que só lle queda o trámite da visita a Zarzuela, donde se dará por seguro que algúns lle botarán a culpa aos outros aunque, aquí o que caba dicir é aquelo tan sabido de "matárona entre todos", quitándolle o apéndice final de "morreu ela soa", porque iso é rotundamente falso.
E se os de Podemos lle acaban de estrelar a botella do pacto na cabeza de Pedro Sánchez facendo imposible calquera acordo entre partidos, José Manuel Soria "o canario de Panamá", clavoulle catro varas largas e profundas ao seu amigo e xefe na moi popular corrida da Corrupción, que vén a ser o mesmo que a da Beneficencia, pero con máis dun puntilleiro resgardado no canellón disposto a mandar ao desolladero ao último touro do PP.
Din nas Ventas madrileñas que este manso de Pontevedra acabará perdendo a vida, ás cinco en punto da tarde, cando se faga necesario o seu paso a mellor vida, se é que se quere formar novo goberno xa que, no mesmo, só deben estar tecnócratas de dereitas, algún que outro socialdemócrata, e varios independentes acompañando a Albert Rivera como Vicepresidente e á pequena Soraya, a preferida de Angela Merkel, pero tamén dos xerarcas de Bildelberg.
¿E os socialistas? Pois, a cobrarse no programa para a gobernabilidade a súa inexcusable abstención, mentres contemplan como o xefe das hordas moradas se converte no Xefe da leal oposición e o que é peor, no ideólogo de toda a esquerda. ¿Apostamos?
Escribe tu comentario