O Sergas presume do nivel informático do Cunqueiro
Asegura que se está convertindo nunha "referencia para estudantes e profesionais".
O Sergas está orgulloso do "nivel tecnolóxico" e da capacidade de xestionar información do departamento informático do Hospital Álvaro Cunqueiro, asegura que se está convertindo nunha "referencia para estudantes e profesionais".
En concreto, o Sergas fala das "case 15.000 tomas de datos para a conexión de equipos informáticos e de comunicación, cunha conexión centralizada e en rede que xestiona "máis de 2.000 teléfonos e máis de 2.500 computadores"
A través dun comunicado o Sergas tamén destaca aplicacións como a Historia Clínica Electrónica “IANUS”, q que serve de soporte dixital para todos os aspectos relacionados coa asistencia médica. Tamén revindica as terminais a pé de cama, que permiten que o persoal sanitario poida controlar, á beira do paciente hospitalizado, a súa evolución, as probas que se lle practicaron ou o seu historial clínico, ademais de controlar dixitalmente a medicación que se lle administra mentres o enfermo está ingresado".
Segundo informa o Servizo galego de saúde, os profesionais sanitarios poden comunicarse entre sí sen necesidade de utilizar papeis, de forma que "os documentos por escrito quedan só reservados para as indicacións que se lle entregan aos pacientes ou enfermos que son atendidos nos distintos servizos do hospital".
Estes son algúns dos datos que lles transmitiron aos 30 alumnos e tres profesores de ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Pazo da Mercé das Neves, que iniciaron as visitas ás instalacións do servizo no hospital vigués.
Escribe tu comentario