Case millón e medio de desprazamentos para Semana Santa
Cinco novos radares controlarán o tráfico nas estradas convencionais
Chega a Semana Santa e con ela unha das épocas máis intensas nas estradas galegas, que se enchen de vehículos que queren chegar ata os mesmos lugares nun espacio moi reducido de tempo. A DXT prevé uns 1,4 millóns de desprazamentos durante o seu operativo de Semana Santa, que comeza este mesmo venres 18 de marzo.
A meirande parte destes desprazamentos daranse a semana que vén, entre o 23 e o 28 de marzo, cando se esperan uns 869.000 desprazamentos. Non obstante, esta fin de semana xa comezará o movemento, con 356.000 desprazamentos previstos entre o venres e o domingo.
As estradas afectadas cunha maior intensidade de tráfico serán a autopista AP-9, as autovías A-6, A-52 e A-55, así como as nacionais N-634 e N-550.
Precisamente nesta última vía instaláronse dous dos cinco radares que activou a DXT para esta campaña, que por primeira vez levan o control de velocidade por tramos ata as estradas convencionais galegas.
Escribe tu comentario